A OBSOLESCENCIA PROGRAMADA





A obsolescencia programada é a acción intencional que fan os fabricantes para que os productos deixen de servir nun tempo determinado, como por exemplo lavadoras, microondas, neveras... entre otros.


TIPOS

1. De función, este tipo dase cando sae á venta un producto máis avanzado, é dicir, con novas funciones.

2. De calidade, neste tipo de obsolescencia o producto despois de ter certo tempo de uso comeza a presentar fallas e un mal funcionamento.

3. De desexo, ocorre cando sae á venta un producto máis avanzado e as persoas cambian o que xa teñen, só por cuestións de estilos ou moda.

VANTAXES

A maior parte das vantaxes da obsolescencia programada son de carácter económico, estimulando o consumo.
Crea un aumento da riqueza das ventas, pero tamén o aumento dos requisitos de investigación e desenvolvemento dos productos.
Isto xera moitos máis postos de traballo e supostamente a obsolescencia axuda a que os usuarios teñamos mellores productos e máis eficientes.

DESVANTAXES

A vida útil de productos como televisores, teléfonos, neveiras e outros produtos foi reducida, estos produtos teñen substancias contaminantes como altos niveis de chumboo tóxico, os cales deterioran o medio ambiente
  
Moitas empresas aseguran un mantemento ecolóxico dos seus residuos e algunhas empresas ata ofrecen un servicio onde se encargan da súa eliminación pero, por desgracia, moitos destes residuos terminan en países tercermundistas, onde a contaminación e estes residuos poden afectar de maneiras graves aos habitantes e ao planeta.

Neste sentido xurdiu un término denominado ciclo de comprar, usar, tirar
 
ALTERNATIVAS

1. O diseño sostible: os diseñadores deberían pensar non só en usar materiais ecolóxicos, ou no proceso de eliminación destes produtos, senón tamén crear máis consciencia.

2. Diseño social: é cuando as persoas crean produtos alternativos con materiais biodegradables, é dicir crean solucións positivas para o medio ambiente.

CONCLUSIÓN

Na miña opinión, creo que a obsolescencia programada é unha práctica comercial cada día máis habitual nas empresas e ten a súa razón de ser, xa que é utilizada para manter un nivel de ventas constante por ditas empresas.
É certo que para as empresas a obsolescencia programada é beneficiosa porque as súas ventas son máis constantes, aínda que eu creo que si en vez de facer un produto cunha vida programada e ter máis ventas, optaran por un produto máis duradeiro a empresa podería poñer un precio maior aos seus produtos.
En definitiva, creo que coa obsolescencia programada non se aproveitan ao máximo os recursos dispoñibles e, polo tanto, se produce un dispendio destes.


RESUMEN

Comentarios